miércoles

"Arrolo"

Cantiga de berce para N.




Díxome a bubela
díxome o merliño
a nena está no berce
a nena ten soniño.

Chegou o san Martiño
trouxo sol e aloumiños,
e tamén chegou a nena
envolta nun mantiño.

Dúas estrelas os olliños
e o sol no seu sorriso
O cabelo moreniño,
durme a nena, caladiños.

Díxome onte a lúa
díxome segreda,
arroupan a meniña
con panos de seda,

Chegou a cativa
mais non se oen choros,
que arrolan a nena
cantigas e coros.

Dúas estrelas os olliños
e o sol no seu sorriso
O cabelo moreniño,
durme a nena, caladiños.

***