Tro ten cinco anos, pero non é un neno igual que os outros cativos que coñeces.
Cada día, Tro pinta as paredes da súa casa: unta as mans de pintura e fai debuxos cos seus propios dedos. Dáselle moi ben facer animais, pero algunhas veces tamén se decide a facer figuras abstractas.
O raro é que nin Mamá nin Papá lle berran nunca por iso.
Ademais, Tro come coas mans. Non usa garfo nin tampouco culler. Por exemplo, para comer o polo, colle o óso coas dúas mans e... á boca!
O raro é que tampouco Mamá e Papá se anoxan con el por iso.
Outra cousa que fai a miudo Tro, é andar descalzo. Na súa casa, cando sae a xogar ou cando vai de paseo... nunca pon zapatos. Da igual que sexa verán ou inverno.
O raro é que tampouco Mamá nin Papá o castigan por iso.
Aínda que... hai algo que é incluso máis estraño: Tro non vai á escola, e tampouco a Mamá e Papá lles preocupa nada iso.
O certo é que e a súa é unha familia de trogloditas: viven nunha cova e, cada día, carrexan leña para prender o lume ou preparan peles para facer prendas de roupa. E cando rematan as tarefas, Tro tamén ten tempo para xogar.
O certo é que e a súa é unha familia de trogloditas: viven nunha cova e, cada día, carrexan leña para prender o lume ou preparan peles para facer prendas de roupa. E cando rematan as tarefas, Tro tamén ten tempo para xogar.
O seu mellor amigo é Glo, un mamut, que tamén ten 5 anos, pero é moooito máis alto e moooito máis grande, ten cantidade de pelo na testa, un narís moi longo e dous dentes aínda máis enormes e ben afiados.
No verán, báñanse xuntos no río. É moi divertido, porque Glo bótalle auga a chorros e faille moitas cóxegas.
Algunhas veces, Tro sobe ó lombo do seu amigo para dar un paseo, e gústalle moito porque dende o alto todo se ve moito mellor.
Tamen intentan xogar ás agachadas, pero Tro sempre gaña, porque Glo é grande de máis para atopar un bo escondite.
E cando o sol está a piques de poñerse e o día acaba, Tro ten que ir de volta á casa lixeiro, porque se chega tarde... Mamá e Papá si que se enfadan con el.
* * *
